Patrrimonio Relixioso

Baamonde (Santiago de)

Baamonde ostentou desde tempo inmemorial simultaneamente dous escudos: un, con campo axedrezado de quince cadriños en branco e negro e parece datar de 1400. O outro, de uso moito máis frecuente, ten orla de sete troitas e no centro M coroada.
Quere a tradición que un Baamonde, participante na batalla de Clavijo, sacou dunha canasta sete peixes prometendo matar outros tantos mouros. Como queira que logo presentara ó Rei sete cabezas de inimigos mortos, os sete peixes pasaron a figurar no seu escudo. E logo, indo cunha embaixada a Inglaterra, namorouse e casou cunha princesa chamada Milia. E o Rei agregou ó seu escudo un M coroado: M, por Milia e a coroa por ser Milia de sangue real.

[Máis info: sobre a Confraría da Virxe do Rosario de Baamonde]

Igrexa Parroquial de Santiago


Igrexa Baamonde


Igrexa Baamonde (2)


Igrexa

O seu comezo é no século IX, e dela quedou unha pedra de forma prismática de 1,00 m. de altura, que serviu bastante tempo de base de pia de auga bendita, e apareceu baixo o altar maior ó efectuarse as últimas reformas.
A nave é do século XII e a capela maior do s. XV, tendo detrás desta unha pequena sacristía posterior que afea o conxunto. Sábese que en 1101 destruíron o templo os irmandiños e, pouco máis tarde, foi reedificado ata que o mandou rematar don Pedro Arias e Vaamonde, natural da localidade e bispo de Mondoñedo. Ata 1853 enterrábase no interior do recinto.
A parte románica acusa o influxo das peregrinacións a Santiago e ten dúas clases de signos de canteiros: un en forma de S e outro en forma de cadrado cun punto no medio.
Está situado este templo nun pequeno alto á beira da estrada xeral Madrid – A Coruña e, ó desmontarse unha parte do muro que pechaba o adro, apareceron duas curiosas cavidades sepulcrais de pizarra.
Píaa bautismal. Capiteis románicos e Inmaculada de Magariños.
(SSS, no Inventario del Patrimonio Artístico de España)

Capela do castiñeiro, coa Virxe do Rosario no interior

Capela no Castaño (1) Capela no Castaño (2)

Nun castaño oco á beira da N-VI, o artista de Baamonde Víctor Corral tallou unha capeliña da Virxe.
Cando se fixo o trazado da N-VI, nos anos setenta, o proxecto inicial prevía que parte do adro e o castiñeiro quedasen afectados pola obra.
Entón, Víctor Corral emprendeu unha das súas obras “déndricas”, ó dicir do catedrático José Luis Novo Cazón, facendo unha capela no interior da árbore viva. O proxecto da estrada foi modificado, e o castiñeiro varias veces centenario segue en pé, e dentro del a capeliña da Virxe.

Tres Cruceiros inmediatos á igrexa parroquial (s. XVIII). O central, con Cristo e Dolorosa, e lisos os laterais

tres cruceiros. Baamonde detalle

Torre de Camarasa. Restos catalogados polo Ministerio de Cultura. Antiga fortaleza dos Condes de Amarante, destruída por un incendio, quizais no tempo dos Irmandiños. M. Vázquez Seijas estimaba que foi unha das máis antigas da provincia, que xa existía nos primeiros anos da Reconquista. Daquela era seu dono Don Rodrigo Romais, conde de Monterroso e de Santa Marta de Ortigueira.

 

 

Baldomar (San Xoán) 

Igrexa BaldomarO nome da parroquia suponse que provén dun antigo Señor, de nome Baldemarus ou Baldemarius.
En 959, na doazón do dux Rodrigo e a súa dona Elvira ó mosteiro de Sobrado, figura no territorio de Rábade o lugar de Baldemar, que se menciona posteriormente en documentos deste mosteiro.
Igrexa neogótica de finais do século XIX ou comezos do XX, con planta de cruz latina. Retablo maior e da Peregrina. Imaxe da Peregrina.
Cruceiro. Fonte de San Benito de Palermo.

 

 

Begonte (San Pedro de)

 

Igrexa Begonte Igrexa Begonte (2)
Igrexa de Begonte

Igrexa parroquial con capela lateral, rematada en 1949. Planta de cruz latina. Retablos neogóticos.
Casa dos Señores de Montenegro. Capela de santa Rosa, de planta rectangular, con retablo.
Antiga Casa do Concello (Casa da Cultura).

casa do concello

 

 

Bóveda (Santalla)

Igrexa de orixe medieval, moi reformada, con capela lateral. Retablo lateral.
Cruceiro de Bocarribeira
En Vilariño, capela da Concepción. Planta rectangular. Retablo do s. XVIII
Colmear

 

Carral (San Martiño)

Igrexa de Carral Igrexa de Carral (2)

Igrexa neogótica, con planta de cruz latina. Finais do XIX ou comezos do XX. Retablo maior e lateral esquerdo da igrexa
Cobertizo fúnebre
Nunha relación de bens de 1485 (JMGR) consta que o cabaleiro Fernán Ares, que resistíu a intervención dos Reis Católicos en Galicia desde a fortaleza de Vilaxoán, veu perdida a súa causa e propiedades, entre as que figuraban as correspondentes a esta feligresía de Carral e outras de terras de Friol, Begonte e Guitiriz.

 

Castro, O (Santa María)

 

Igrexa neogótica do século XIX, con capela lateral. Retablo. A capela érguese na acrópole dun castro moi detrupado. Conserva (JMGR) varios parapetos orientados cara a un regato que pasa a uns cincocentos metros ó norte. Arredor da igrexa apareceron varios sartegos antropomorfos, que están en paradeiro descoñecido.
Medorras do Monte Campelo. Cruceiro.

 

Cerdeiras (San Fiz)

Igrexa parroquial posterior ó século XVII, con capela lateral.

Capela de Ximarás con retablo e imaxes de Virxe e San Sebastián.
A súa orixe suponse no ano 1076, por unha inscrición que se conserva.
Existen tres sepulturas de 1593. Unha delas é de Ares, conde de Monterroso, con escudo e divisa que di “La muerte a todos convida a nadie perdona”. Outra é de dona Leonor López de Gayoso e unha terceira ten inscrición ilexible.
Pazo-Torre do Souto.
Fonte de Ximarás. Preto de Ximarás, cruceiro do século XIX.

 

Damil (San Salvador)


Capela san Vitorio de Damil

Igrexa do s. XIX / XX, con capela lateral e retablo.
Capela de San Vitorio.

 

[Máis info: Reportaxe sobre San Vitorio]
Ermida con adro sostido por dous pilares de granito e dúas columnas de cemento.
Capela de Vilar. Foi dos Señores de Anllo. Retablo do século XVI-XVII.
Capela de Antón con retablo e imaxe de San Pedro.
Cruceiro. Peto de ánimas de San Vitorio. Fonte dos panos de San Vitorio

As Festas do San Vitorio celébranse os días 12 e 13 de maio. Recoñéceselle a este santo un gran poder mediador .
Á fonte situada preto do santuario supónselle propiedades curativas para as eccemas, verrugas e, en xeral, para as enfermidades da pel.
Adóitase lavar as partes enfermas con panos mollados na auga da fonte, para logo deixar que estes panos sequen e vaian podrecendo, para que -na mesma medida- se vaia indo a enfermidade.

 

Donalbai (San Cristovo)

Igrexa do s. XVIII-XIX. Moi reformada. Imaxe de San Cristóbal.
Dous cruceiros na parroquia
No barrio de Tras do Castro e no monte Das Medorras, restos de túmulos megalíticos.
No lugar da Medorra, a Moural de Armental. En 1982 descubriuse unha mámoa, enterramento de entre 2.200 e 3.500 antes de xesucristo.
Tamén se descubriu unha machada de pedra, con perforación central, que se estima do final do Megalítico.

 

Felmil (Santiago)

Igrexa con capela lateral e retablo. Reforma recente.
Casa con solana
Denune: Capela con retablo neoclásico. Cruceiro con inscrición e data de 1891.
Cada do Fidalgo, en Folgueira. Escudo na fachada e data de 1827.

Dona Brianda, filla de don Antonio de Tovar e dona Blanca Rivadeneira e Pimentel (JMGR), recibe como arras do seu matrimonio con don Fernán Pérez das Seixas en 1548, os coutos de Felmil e Damil. No s. XVII, o matrimonio entre dona Catalina de Vaamonde e don Pedro Tenreiro de Lago, da casa de Montecelo, unirá de maneira estable as casas de Trobo e Felmil.

 

Gaibor (San Xiao)

O couto e xurisdición de Gaibor, de acordo cunhas dilixencias realizadas polo meriño de Vilalba en 1624 (JMGR), estaba situado entre o de Mato, o da casa de Altamira e o condado de Vilalba.
Igrexa parroquial con planta de cruz latina, situada sobre un antigo castro, do que aínda se aprecian algunhas defensas. Retablo, imaxe de San Julián. No contorno apareceron anacos de muíños de man.
Cemiterio
Capela de Barrazoso con retablo e Limosneiro.
Cruceiro de Barrazoso.
Cruceiro de Muíño Novo (privado)
Casa-Palacio. Preto da igrexa, ten na súa fachada dous escudos coas armas dos Lanzós, Baamonde e Saavedra. Data de 1616.
O fundador da casa de Gaibor parece ser que foi don Pedro López de Rábade e Sanmartín. Un dos seus descendentes, don Pedro López de Rábade e Baamonde, en testamento de setembro de 1599, manda que o enterren na igrexa de Gaibor. Pode que a súa sepultura ou a dun descendente sexa a que hai no cruceiro da igrexa.
Medorras de Armental e Fontefría.

Illán (Santiago)

Igrexa IllanIgrexa parroquial do s. XIX con capela lateral. Cemiterio separado da igrexa.
Suponse a existencia dun castro no contorno da igrexa. Teñen aparecido restos arquitectónicos e anaco dun muíño romano.
Medorra de Fonte Vilar

 

 

 

Pacios (San Martiño)

 

Igrexa de Pacios (3)

Esta parroquia era de provisión alternativa entre o Cabido e Deán de Santiago e o marqués de Parga.

Igrexa antiga en estado ruinoso.

Muíño
Mámoa de Amenido. Menciónase no interrogatorio de Vázquez de Orjas en 1609, indicándose que pola noite de San Xoán aparecía nela un fato de galiñas e polos.

Carballido. Capela onde se celebra a romaría do día da Ascensión. Retablo e Santos de impoñer.
Capela de Vilaflores, con escudo e retablo.
Casa do Rañal, con escudo
Pombal
Colmear de Vilaflores
[Má is info sobre as Confrarías de Pacios]

Pena (San Vicente)

Igrexa parroquial con capela lateral. Retablo lateral.
Cruceiro preto da igrexa sobre unha rocha de granito.
Palleira, en San Vicente
Sepulcros

Pena (Santalla)

Igrexa con importantes aspectos barrocos do s. XVIII. Capela lateral. Imaxe de Santa Eulalia.
Cruceiro preto da igrexa
Dolmen do Chao de Mazós. Medorras.
“Monte do Castro” e “Trascastro” fan mención á herencia celto-romana.

Saavedra (Santa María) 

Igrexa SaavedraIgrexa moderna, con capela lateral. Conserva lápida funeraria do s. XVI con escudo dos Montenegro, Parga e Gaioso e mención a Don Roi González de Ribadeneira Sabedra e a súa esposa dona Violante de Losada. Imaxe da Virxe dos Milagros.
Cuberto fúnebre
Cruceiro
Capela de Maciñeira con retablo. Particular.
Capela de Santo Tomás

[Máis info sobre Saavedra, Parte 1]
[Máis info sobre Saavedra, Parte 2]

 

Trobo (Santa María)

 

Igrexa Trobo

Como Trobano aparece nun documento de 1062 polo que o Bispo de Lugo cede esta e outras parroquias ó de Mondoñedo, a cambio doutras no territorio lucense. De novo aparece mencionada nun documento de 1179.
Igrexa particular moderna, planta de cruz latina.
Cruceiro de 1899.

detalle cruceiro Trobo

Capela de Altide. De finais do XVII. Con retablo.
Capela do Roxo. 1852. Pinturas murais, retablo e imaxe da Inmaculada.
Castro de Trobo preto da igrexa.
No Museo provincial de Lugo hai tres pedras de armas procedentes da igrexa, Casa da Torre e Casa dos Navás, con cadanseu escudo.
Casa Grande de Altide
En Martín de Arriba, cruceiro.

Uriz (Santo Estevo)

Igrexa moi reformada recentemente, con planta de cruz latina. Retablos maior e dous laterais.
Capela de Barrosuela, con escudo e retablo.
Cemiterio.

Virís (Santa Helena)

Igrexa rural, posiblemente do XVIII, con posteriores reformas.

Casa-torre de Virís. Fundada por Ares, conde de Monterroso (está enterrado na capela de Ximarás, en Cerdeiras), Pedro Ares da Barreira e Ares, conde de Parga. Na actualidade é unha casa de labregos, que conserva dous escudos.
Capeliña fúnebre
Acceso ó cemiterio

Ara romana en Virís
En 1980, ó renova-lo muro do adro-cemiterio da igrexa de Virís, apareceu a parte superior dun ara dedicada ós deuses lares viais.
O viaxeiro, antes de emprender un camiño longo e difícil, pedía axuda ós "lares viais", deuses domésticos, para que estes o protexan e a viaxe remate feliz. Por iso, ó remata-la viaxe, o agradecido viaxeiro coloca unha ara na honra destas deidades.
Con este achado, despréndese que por Virís pasaba unha vía romana.
O arqueólogo Jaime Delgado supón que, pasando por Friol, debería haber en tempos de Roma unha vía secundaria do tramo Lucus-Iria Flavia, á altura de Palas ou Melide, que desde Friol se bifurcaría atravesando a de Lucus-Brigantium. Un, iría a San Alberte, Parga, Buriz e cara ó Norte. Outro ramal pasaría por Virís, Begonte, e logo cara a Mondoñedo e a Costa lucense.

 


Ver Begonte Turismo · Puntos nun mapa máis grande

Últimas novas

Xa podes visitar o Belén de Begonte

Visitas do 04-12-2016 ao 30-01-2017
O 4 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 45 edicións, lugar de peregrinación no nadal ...
09/12/2016

Belén de Begonte dende 1972

O Belén de Begonte xa se pode visitar, e van 44 edicións nos que xente de todos os lugares pasa ...
16/12/2015

Resultado do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte

*Fotos dos premiados as mellores tapas por votación popular. O martes 10 de novembro de 2015, fíxose o reconto dos ...
11/11/2015
Máis novas→