Ruta de sendeirismo dos Caneiros e Lagoas de Riocaldo

AS LAGOAS DE RIOCALDO

 

As Lagoas de Riocaldo –xunto á de Pozo do Ollo-  están situadas entre as parroquias de Begonte e Pacios, e contan cun microclima específico e unha abundante e notable flora e fauna acuática entre a que se atopan diversas especies de intereses internacional, comunitario e nacional que o converten nun lugar que fixo merecedor da declaración de Lugar de Interese Comunitario (LIC) ó espazo “Parga-Ladra-Támoga” na proposta para a Rede Natura 2000.

Ademais a totalidade da superficie do concello de Begonte atópase incluído dentro da Reserva da Biosfera “Terras  do Miño”, declaración realizada en novembro do 2002.

A Lagoa de Riocaldo é unha paraxe natural que disfrutan diferentes aves acuáticas entras as que se atopan Garzas Reais, cormoráns, diferentes tipos de patos, aves migratorias, como alavancos, as gallinolas negras, as cercetas reais, as píllaras douradas grandes, os patos culler, o asubión, o ánsar cenicento, ou pato cenicento, e ou rabilargo etc.

A garza real podemos vela durante todo o ano, así como cigoñas brancas, a cerceta de verán ou o biliruco alinegro e pintado,etc.

Entre os mamíferos que podemos encontrar o desmando ibérico e a londra, ambos os dous típicos de cursos fluviais e brañas. O musgaño patibranco, o armiño, o tourón e a rata de auga son outras interesantes especies propias destes medios e presentes na área. Presenza asimesmo frecuente de corzo e xabaril.

 


Ver Routeiro dos Caneiros nun mapa máis grande

Últimas novas

Xa podes visitar o Belén de Begonte

Visitas do 04-12-2016 ao 30-01-2017
O 4 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 45 edicións, lugar de peregrinación no nadal ...
09/12/2016

Belén de Begonte dende 1972

O Belén de Begonte xa se pode visitar, e van 44 edicións nos que xente de todos os lugares pasa ...
16/12/2015

Resultado do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte

*Fotos dos premiados as mellores tapas por votación popular. O martes 10 de novembro de 2015, fíxose o reconto dos ...
11/11/2015
Máis novas→