Ruta de sendeirismo do Círculo de Donalbai

RUTA DO BOSQUE SAGRADO-CÍRCULO DE DONALBAI

A ruta, coñecida co nome de Círculo de Donalbai, é un itinerario circular duns 26 quilómetros de perímetro que discorren polos concellos de Begonte e Outeiro de Rei e que se poden percorrer en varias etapas, xa que se divide en dous percorridos adaptados ás capacidades dos camiñantes.

O percorrido da ruta é como un petróglifo, similar ao achado en Donalbai, cun centro e tres círculos concéntricos atravesados por unha liña deste a oeste. Os camiñantes gozarán da natureza, ao mesmo tempo que poderán achegarse ao patrimonio arqueolóxico chairego, tanto ao pasado rupestre, como a elementos castrexos, románicos ou medievais, que se conservan no lugar.

No perímetro hai doce igrexas, todas asociadas a elementos rupestres ou a fontes milagrosas como as de Santa Elena ou Santa Marta, en Begonte. E no centro está a igrexa de San Cristobo de Donalbai, moi preto da Pena dos Mouros, un elemento megalítico cun gran valor sacro. Outros puntos de interese son Penas de Rodas, en Outeiro de Rei.


A PENA DOS MOUROS (DONALBAI)

O conxunto Pena dos Mouros (Donalbai) está formado por tres enormes piares de seis metros de alto sobre o que asenta unha pedra en forma de ril ou de cranio de can. Seguindo unha liña recta, chégase ata as Penas das Rodas, no concello limítrofe de Outeiro de Rei, que, segundo algúns investigadores, se utilizarían como observatorio astronómico. A Pena dos Mouros está en conexión coas Penas das Rodas, xa que semella que durante os solsticios o sol atravesa as Penas das Rodas e logo penetra na Pena dos Mouros.

Contan que a pena foi dinamitada en parte nos anos vinte do pasado século por mor dunhas desputas familiares. Antes diso había un gran abrigo baixo o que se facía o magosto. Segundo o saber popular o penedo en si é unha moura e dentro habitaba unha gran cobra que podía devorar á xente. Tamén se fala da aparición dunha muller que vivía na pena e que se adicaba a coller a la das ovellas para tecer. Mesmo se asegura que no lugar os mouros agocharon un tesouro que roubaron nun castelo, nin máis nin menos que durante a I Guerra Mundial.

Pena dos Mouros tamén é considerado un lugar onde o último raio de luz do sol poñente do antigo día de defuntos, o atardecer do 7 de novembro, o Samhain celta e véspera do “Mundus Patet” romano (“o mundo ábrese”), ilumina a conca ocular do imaxinado "cranio de can", encargado de guiar o noso espírito ao "outro mundo".

O penedo simboliza á testa de Anubis-Cristovo que mira a occidente, o señor dos mortos que descansa sobre o monumento pétreo nun curso de auga que flúe cara ao río Ladra. Na noite do 7 de novembro a porta do outro mundo ábrese e Anubis-Cristóbal guía aos iniciados a entablar comuñón cos seus devanceiros.

Anubis era na mitoloxía exipcia o "Señor da necrópole", a cidade dos mortos. Era o encargado de guiar ao espírito dos mortos ao "outro mundo" e representábase como un home con cabeza de cánido, ou como un can exipcio (ou chacal) negro. Na mesma liña, San Cristovo nace en Behedet, antiga cidade do Chacal, e é continuador da misión de Anubis: guía aos mortos á outra beira. San Cristovo, igual que Anubis, é representado como home con cabeza de can, sostendo o báculo; as súa caras está pintada de cor escura, pola cor da terra fértil, símbolo de resurrección. De feito a Pena do Mouro atópase a escasos metros da capela de San Cristovo, patrón do lugar.

Información obtida de:

http://eltablerodepiedra.blogspot.com.es/2011/11/puerta-nuestra-identidad.html

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html

 


Ver Routeiro do Camiño de Santiago nun mapa máis grande

Últimas novas

Xa podes visitar o Belén de Begonte

Visitas do 04-12-2016 ao 30-01-2017
O 4 de decembro abriu as portas o Belén de Begonte e van 45 edicións, lugar de peregrinación no nadal ...
09/12/2016

Belén de Begonte dende 1972

O Belén de Begonte xa se pode visitar, e van 44 edicións nos que xente de todos os lugares pasa ...
16/12/2015

Resultado do IV Concurso de Tapas Concello de Begonte

*Fotos dos premiados as mellores tapas por votación popular. O martes 10 de novembro de 2015, fíxose o reconto dos ...
11/11/2015
Máis novas→